Menú de configuración e personalización do teléfono.
Chamadas:
Lista das 200 últimas chamadas recibidas (perdidas e contestadas).
Conferencia:
Retén a chamada actual e inicia a conferencia cun terceiro interlocutor.
Transferencia:
Retén a chamada actual e transfírea a un terceiro interlocutor.
Liñas L1/L2:
Selecciona a liña (con indicador luminoso: en uso ou chamada entrante).
Mans libres:
Activa o altofalante de mans libres (con indicador luminoso de actividade).
Teclas de memoria
Teclas programables:
As teclas 5 a 8 están preprogramadas coas funcións para gravar, borrar e acceder á axenda persoal e aos servizos comúns como a listaxe de chamadas.
Teclas de volume
Volume:
Axusta o volume do altofalante en auricular, mans libres ou timbre de chamada.
Mute:
Silencia o micrófono do auricular ou do mans libres (o interlocutor non escoita o que se fala).
Teclas de chamada
Retención:
Retén a chamada en curso deixándoa coa música en espera. Retómase coa tecla de liña.
Rechamada:
Accede á listaxe das últimas 100 chamadas realizadas. Pulsando 2 veces inicia a última.
Cancelar:
Colga a chamada e sae ao menú de inicio.
Transferencia
Directa:
Transfire unha chamada en conversación a un terceiro interlocutor sen consulta:
Con consulta:
Transfire unha chamada en conversación a un terceiro interlocutor consultando a súa dispoñibilidade:
Conferencia a 3
Establece unha conferencia entre varios interlocutores, tras establecer unha
conversación:
Desvío de chamada:
Inmediato
Opción 1. Desvía todas as chamadas recibidas nese número, programable desde o menú de opcións:
Opción 2. Desvía todas as chamadas recibidas nese número. Para iso, debemos marcar * 71 + nº ao que desviamos a chamada (engadindo o número 0 diante se o teléfono é de fóra da universidade).
Para deshabilitar o desvío de chamada marcar * 72.
Se comunica
Desvía as chamadas se o interlocutor está ocupado e non ten activada a chamada en espera:
Se non contesta
Desvía as chamadas tras uns segundos, programable desde o menú de opcións:
Desactivar
Desactiva calquera desvío programado no terminal, programable desde o menú de opcións:
Capturar unha chamada dentro do teu grupo de captura: *8
Os teléfonos do Campus do Mar están configurados para que só poidan capturar chamadas dos teléfonos que forman parte da oficina. Para realizar a captura dunha chamada, haberá que descolgar o teléfono e pulsar *8.
Axenda persoal:
Para introducir novos rexistros na axenda persoal:
Pulse a tecla de axenda
Presione a tecla para gardar
Introduza o número e o nome co teclado numérico:
Se necesita cancelar ou modificar o número pulse a tecla de dirección
Para introducir un espazo en branco, pulse a tecla de dirección
Para gravar, pulse a tecla gravar . Se desexa saír sen gravar pulse a tecla ou desde a lista
de chamadas pulsando a tecla gravar e seleccionando a axenda persoal.